A política galega ven sendo dende hai moito tempo xa algo que os galegos temos a obriga de agochar para que non se nos vexan as vergoñas. Despois de 16 anos cun Fraga ensinando a súa incapacidade de xestión, asemade de moitas outras cousas, atopamonos agora cun goberno bipartido que fai outro tanto do mesmo. Fai uns meses tomouse a decisión de que Galicia tiña que perdelo tempo tamén na liorta dos Estatutos, non vamos ser menos os galegos.
Galicia é un pobo que sempre vai por detrais dos demais porque endexamais tivo a un bo político que liderara o país. Fraga era un boneco da dictadura que unha maioría de galegos mantiveron no poder case ata a morte física, pouco lle faltou. Das últimas eleccións saíron dous personaxes que non se sabe cal é o peor: Touriño e Quintana son dúas almas xemelgas no fondo, os dous perderon nas furnas pero van de gañadores porque os escanos do goberno están en xogo.
Pola súa parte, Feijoo non fai más que chorar porque ten que facer sempre o que lle manda Rajoy dende Madrid. O PP galego é unha filial do PP madrileño, non ten autonomía. O tal Mariano, unha vez máis atribuindose a autoridade da dereita galega, dixo onte que o termo Nación non pode ir no Estatuto. Un consello para o súbdito Feijoo: colle a mangueira que na xardinería tes máis futuro.
O bipartido é dunha mediocridade que non se pode aturar. Ningún conselleiro sabe falar ben galego, nin sequera os nacionalistas. O propio Quintana introduce castelanismos como se lle fose a vida nelo. É triste que os nosos representantes non saiban falar a nosa lingua. De Touriño xa non quero dicir nada, só hai que escoitalo un pouco para darse conta do que estou expoñendo.
Mendez Romeu perde exames de opositores; as Conselleiras de Pesca e Sanidade xa non sei cantos ceses levan ás costas de xentes nomeadas por elas; Ánxela Bugallo cada día da unha versión distinta sobre a Cidade da Cultura, Caride e Taboas peleanse en público pola súa incompetencia en canto á cesión do solo; a Consellería de Pesca non se trasladou a Vigo como se prometera. É todo de chiste, e dos malos.
Outra cousa é o famoso "e tu máis". O PP estivo moi mal na xestión do Prestige e o mesmo podese dicir do bipartito na crise dos lumes. A corrupción tamén está presente por estas terras: a alcaldesa socialista de Cabanas ou o alcalde de Nigrán do PP son dous exemplos de moitos. Onte suspenderonse as competencias urbanísticas a Barreiros, en mans populares, polo seu afán constructor. E ainda non explotou o tema de Sanxenxo que está quencendo a lume lento, como pasou con Marbella. Non salvo a ningúen, a política galega en xeral suspende.

No hay comentarios:
Publicar un comentario